Lea Bach
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Torelló, España |
Morte | 6 de outubro de 1988 (96/97 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | instrumentista , profesora de música |
Instrumento | Arpa |
Lea Bach i Baixeras, nada en Torelló, Barcelona, en 1891 e finada en Río de Janeiro (Brasil) en 1988,[1][2] foi unha arpista catalá de renome internacional.
Aos sete anos ingresou no Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II (futuro Conservatorio do Liceu). Foi unha nena prodixio na interpretación musical coa arpa, xa que obtén o seu título de arpa aos trece anos.[1] Dirixida por Alphonse Hasselmans, continuou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de París para pasar a desenvolver a súa carreira sobre todo no estranxeiro. Participou, xunto con Clotilde Cerdà i Bosch, na fundación das escolas de arpa do Brasil e a Arxentina[Cómpre referencia]. Foi profesora na Escola Nacional de Música de Río de Janeiro.[3]
Casada con Jaume Llovera i Tost, divorciáronse en 1933.[Cómpre referencia]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Calvo-Manzano, María Rosa (2014). Esmeralda Cervantes y Lea Bach: dos arpistas españolas en la Fundación de las Escuelas de Arpa en Argentina y Brasil. ISBN 978-84-617-0319-7.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Léa Bach Baxeiras". Patrimonio Musical Catalá. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ Martín, Julián Aydillo San (2006-04-26). Pueblos y apellidos de España: Diccionario Etimológico (en castelán). Editorial Club Universitario. ISBN 978-84-8454-486-9.
- ↑ Quirós, Lucas (marzo 2015). "Presentación de dos monografías arpísticas". Ritmo : revista musical ilustrada. marzo (883): 48.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lea Bach |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Programa dos concertos no Palau da Música Catalana en 1920. (en catalán)